Blogia
ciberlinguaribadeo

GASTROENTERITE

Como o oídes, un andazo vírico que camiña por Ribadeo atacounos o xoves pasado sen darnos outra opción que a de marchar co rabo entre as pernas e a raba na boca. Nunca nunha tal nos vimos, comezamos por nos desidratar e como único remedio para os nosos males o doutor receitounos unha fin de semana no sofá ou no seu defecto na cama, pero claro, para estar na cama non tiñamos compaña e tivemos que quedar no sofá. Mala escolla por certo dada a situación estratéxica dos sofás nas salas e comedores das casas: diante o televisor; vaia que nos foi imposible escapar da tortura da retransmisión da gran voda, e nós, que somos tan republicanos.

2 comentarios

Nel -

Pois si que é mala sorte (ji, ji)! E ademais perdéndovos a festa da Ascención... E a cea da Ascención... E as chilindradas da Ascención... E a marcha da Ascención...

dorfun -

vaia! peor imposible vamos... e despois din que a televisión vaia acabar coa lectura! ;-)