Blogia
ciberlinguaribadeo

Un mal día

Parece que a sorte non vai con nós, onte ávidos de coñecer este fermoso lugar saímos do obradoiro coa ansia de tomar uns viños relaxadamente pero cal foi a nosa sorpresa que non demos coa zona de viños de Ribadeo, ¿non haberá?, ¿seremos tan inútiles como para non a atopar?. Pensamos que vivir na inmensidade dunha vila coma Pol ou A Chaparra pode que nos faga sentir abrumados nunha inmensidade urbana coma a de Ribadeo, é que che somos da aldea.
Para máis inri, hoxe pola mañá decidos a tomar uns baños de sol cantábrico acordamos cunha néboa que cubría calquera areal a 50 quilómetros á redonda, nin praia nin sol, a ver se o Santo Pemán nos axuda para mañá poñédelle unha candea por favor.

5 comentarios

Agremon -

Benvidos ós blogs de Ribadoeo. Un máis/un menos/pero un.

Boedense -

Doutra vez será. Un mal día teno calquera. Saúdos morracenses.

Turzi -

Ánimo! Benvidos ao faascinante mundo das bitácoras. Supoño que agora, terei que engadirvos ás miñas páxinas favoritas e porei unha ligazón desta super-caderno. Pasádeo ben por Ribadeo.
Saúde e bitácoras!!!

Xavi -

o tema non é por serdes de aldea. o que pasa é que sodes algo gafes. nen viños, nen praia, nen nada. Anda, anda, ánimo.

Anónimo -

O que son bos viños hainos estes días por Compostela. Co conto da Ascensión hai demasiada xente, pero isto evítase buscando outras zonas, como Vista Alegre... e o Pol e o Xocas buscando a zona de viños de Ribadeo! Pois disque aí hai unha rúa xeitosa, pequena pero xeitosa, que está entre a praza e non sei que. Vós poñédesvos de fronte ás terrazas da praza e tirades para a esquerda, a ver se atopades onde tomar ese viñiño. Senón, xa sabedes, en Compostela de festa, que hai ben dela!